Valentín Fernández González
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1912 Lugo, España |
Morte | 28 de febreiro de 1951 (38/39 anos) Filgueira de Barranca, España |
Causa da morte | morte en combate, ferida por arma de fogo |
Outros nomes | Víctor |
Actividade | |
Ocupación | militar, maquis, albanel |
Valentín Fernández González, coñecido como Víctor, nado en Lugo en 1912 e finado en Filgueira de Barranca (Oza-Cesuras) o 28 de febreiro de 1951, foi un militar e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Albanel en Lugo. Militante comunista dende 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi comandante da Brigada 100 da 11ª división e formou parte do batallón de Milicias Populares Galegas durante a guerra civil española. Coa derrota da República foi internado no campo de refuxiados francés de Barcarès. Despois marchou á Unión Soviética e traballou como obreiro cualificado en Mitichi, Kokand, e torneiro na fábrica Krasni Proletari de Moscova. Foi voluntario no Exército Vermello durante a segunda guerra mundial.
Volveu a Galicia en 1949 enviado polo PCE e formou parte do Comité Rexional dirixido por José Sevil como responsable do traballo no Exército e na Mariña.[1] Morreu nun enfrontamento coa Garda Civil en Filgueira de Barranca o 28 de febreiro de 1951 xunto con Manuel Paradela Barros; Valentín Fernández levaba documentación falsa a nome de José García Castelo. Foron soterrados no cemiterio de Filgueira de Barranca.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou coa asturiana Josefina Álvarez Suárez.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Santidrián Arias, Víctor Manuel (2003). Historia do PCE en Galicia (1920-1968). Sada: Do Castro. pp. 303–317. ISBN 978-84-8485-079-3.
- ↑ Martínez, Lupe (2023). Guerrilleir@s antifranquistas da provincia da Coruña. Vigo: Galaxia. p. 315. ISBN 978-84-1176-172-7.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Núñez Seixas, Xosé M. (2001). "Itinerarios exiliados: Sobre a especificidade do exilio galego de 1936". Actas do Congreso Internacional “O exilio galego” (PDF). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. pp. 17–69.
- Encinas Moral, Ángel Luis (2008). Fuentes históricas para el estudio de la emigración española a la U.R.S.S (1936-2007) (PDF). Madrid: Exterior XXI. p. 292.